www.radioredondela.com | Hoxe é Sábado, 23 de Febreiro de 2019 |
Festival de música e xogos tradicionais no torreiro da Gándara no Viso
Cultura • 5/10/2017
Autor: M. X. Queimaliños Outubro en Festa é o nome deste evento que se enmarca dentro das actuacións do convenio interparroquial da Concellería de Cultura. A actividade festiva é aberta a tódolos públicos. Contarase con xogos tradicionais durante toda a tarde do sábado a partir das 17:00 horas e a velada estará amenizada por diversas formacións artísticas do Concello: Pandereteiras Semente Nova, Grupo de Baile da Chan das Pipas e Gaiteiros da Chan das Pipas A Sociedade Cultural do Viso organizadora do evento anima aos veciños a se achegar a este sábado a partir das 17:00 horas no torreiro da Gándara, xunto o campo de fútbol da parroquia, para gozar deste festival musical e participar das actividades de xogos tradicionais para os asistentes.
|
Comentarios |
|
|