www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 19 de Outubro de 2018

Obradoiro de xoguetes creativos con materiais de refugallo
Cultura • 4/10/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O Concello de Soutomaior organiza un obradoiro de Xoguetes Creativos con materiais de refugallo enmarcado dentro do programa Tecendo Lazos da Deputación de Pontevedra.

Vai dirixido a persoas de calquera idade a partir dos dez anos as que lle apeteza gozar dun tempo entretido e aprender a elaborar xoguetes divertidos. A inscrición está aberta ata o 17 de outubro na OMIX de Arcade.


Os particIpantes aprenderán a valorar o xogo tradicional como elemento transmisor de cultura e de creación de encontros interxeracionais entre infancia, adolescentes e adultos, fomentando a capacidade creadora a través de actividades lúdicas que os conduzan á creación, produción e fabricación de xogos e xoguetes con material de refugallo. Haberá exposicións de xoguetes en audiovisual.


A duración do taller é de 16 horas que se repartirán en sesións de 2 h un día á semana. As clases comezarán na semana do 26 de outubro e rematarán na semana do 16 de decembro. As prazas son limitadas e de balde. As persoas interesadas poderán anotarse na OMIX, tel 986 700 822 omix@soutomaior.com  antes do 17 de outubro.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: