www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 21 de Novembro de 2018

Teresa París: "Retiramos a exposición para garantir a convivencia pacífica en Redondela"
Política • 3/10/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A Concelleira de Cultura nega rotundamente que a exposición "Criminalización do pensamento" se retirara por petición da Policía nacional, malia que o Sindicato da Policía no seu propio facebook si recolle que lle solicitaron ao alcalde "que poña todos os medios ao seu alcance para que se retiren ditas fotografías e manifestacións dun espazo público". Asegura que foron moitas as chamadas que recibiron preocupándose polo contido da exposición e valoraron dende o goberno que manter a mostrar podía "enrarecer a convivencia en Redondela" polo que decidiron proceder a súa retirada.


A Concelleira de Cultura Teresa París, logo da repercusión que tivo a decisión do seu departamento de retirar a exposición do Colectivo Republicano asegura que "en ningún momento imos contra un colectivo concreto simplemente entendemos que as imaxes da exposición e os textos que a acompañan podía alterar a convivencia pacífica en Redondela como demostrou o feito de que numerosos veciños nos chamaran durante os días nos que a exposición se puido ver no Multiúsos".


Engade que outro dos motivos que os levou a retirar os elementos que integraban dita mostra é que "como administración pública temos que traballar cos corpos de seguridade e non podemos dar cobertura a mensaxes que van en contra do seu traballo".


Apunta tamén que o texto que acompañaba as imaxes "No 2017 seguen a mallar en nós" fai entender que as condutas da policía poden ser antidemocráticas polo que consideramos que era oportuno proceder a retirada do conxunto da exposición.


Malia as reaccións que está a ter esta medida e logo de que incluso dende o BNG o deputado Luis Bará anunciara que se vai proceder a levar este tema ao Parlamento Galego, amosa o seu convencemento de que o goberno actuou con responsabilidade.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: