www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 17 de Outubro de 2018

Xornada de voluntariado para a recollida de lixo na Praia de Soutoxuste
Sociedade • 3/10/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellería de Medio Ambiente organiza o vindeiro sábado día 7 en horario de 10:30 a 13:00 horas unha xornada de limpeza na Praia de Soutoxuste na que se poden inscribir todas as persoas que o desexen a través do enderezo medioambiente@redondela.gal ou no teléfono 986 400 300.


A actividade realizarase dentro da campaña 1 m2 por las Playas y los Mares 2017 do Proyecto Libera. O obxectivo é contribuir a unha mellora da calidade do medio ambiente por medio da análise e obtención de datos científicos e, así, coñecer o impacto ambiental que xeran os refugallos nas nosas praias. A actividade realizarase conxuntamente con persoal do departamento de Ecoloxía e Bioloxía animal da Universidade de Vigo. Aquelas persoas interesadas en participar poden anotarse directamente no concello, telefonicamente ao 986 400 300 / 698 142 025 ou por medio do correo electrónico: medioambiente@redondela.gal. O número de prazas é limitado e o material preciso para a realización da limpeza do areal será achegado polos organizadores do proxecto.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: