www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 19 de Novembro de 2018

Alternativa Veciñal denuncia que traballadores do concello limpan o eido do alcalde
Política • 28/09/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Varios veciños foron testemuña de como dous traballadores contratados temporalmente polo concello de Pazos de Borbén limparon o eido privado do alcalde Andrés Iglesias. A Agrupación de Electores Alternativa Veciñal (AV) vai solicitar ao Pleno da corporación a reprobación do alcalde por estes feitos.


Para Alternativa Veciñal "é indecente e carente de toda ética que o alcalde se aproveite de dous traballadores temporais do concello para realizar traballos de limpeza no eido do seu domicilio" e condenan o uso de recursos públicos, pagados con diñeiro de todos os veciños e veciñas, en beneficio propio.


Parécelles especialmente grave aproveitarse das persoas que precisan traballar, que ocupan un posto de traballo precario e que dificilmente van poder dicir que non.


Conclúen afirmando que "todos os cargos públicos deben velar escrupulosamente polo interese xeral, e a primeira autoridade do concello debía ser quen máis exemplo dera no uso dos recursos municipais en favor da comunidade. Polo contrario, non é a primeira vez que Andrés Iglesias se aproveita do seu cargo. Xa con anterioridade o alcalde tivo que admitir en Pleno que el e o seu entorno estaban facendo uso dun bono para tribuna do Celta de Vigo pagado con diñeiro público".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: