www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 20 de Novembro de 2018

Charla en Arcade para aprender a aforrar no recibo da luz
Sociedade • 28/09/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A campaña "Dálle luz á túa factura", coa que a Xunta busca asesorar aos consumidores sobre como reducir o gasto en electricidade, visitará esta tarde Soutomaior para proporcionar aos veciños consellos útiles cos que aforrar no recibo da luz. A charla informativa terá lugar no Multiusos de Arcade de 18.30 a 19.30 horas.


Elixir o tipo de contrato máis axeitado para cada fogar, revisar a potencia contratada, valorar a discriminación horaria, ou mesmo saber como proceder á hora de presentar unha reclamación, son algúns dos aspectos que aborda esta iniciativa.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: