Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 19 de Agosto de 2018

O BNG reclama melloras na seguridade viaria e a recuperación de espazos na zona dos Eidos
Política • 27/09/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Unha zona que segundo os nacionalistas "o goberno do PP converteu nun barrio dormitorio ao renunciar a poñer en marcha medidas de humanización e espazos de encontro veciñal". Un entorno que ven medrando ano tras ano coas construción de novas edificacións o que fai que se incremente a súa poboación constituída en boa parte por xente moza. O BNG denuncia que tres anos despois de que se aprobase unha moción no pleno para a construción dunha zona de lecer aínda non se teñan dado pasos neses sentido. Reclaman tamén a mellora da seguridade viaria nunha estrada na que os vehículos pasan a gran velocidade.


O barrio de Eidos converteuse nunha zona de medre do casco urbano de Redondela nos últimos anos coa construción da Estación do Eixo Atlántico e a edificación de varios bloques de vivendas. Un espazo que se ten convertido nun barrio dormitorio carente de vida veciñal, segundo denuncia o BNG, formación que engade que "hai xa tres anos que presentamos unha moción que contou co apoio de toda a corporación, para a construción dunha zona de lecer e espazo de encontro para as familia nunha área duns oitocentos metros cadrados". Unha iniciativa que explican "mantén bloqueada o goberno de Javier Bas".


 Outro exemplo de que o goberno municipal converteu o barrio nunha zoa agresiva para a veciñanza sería as obras de humanización que afectaron á estrada provincial. "Este vial, constitúe todo un perigo para os peóns ao circularen os vehículos a grande velocidade".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: