www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 15 de Novembro de 2018

As lesións condicionan o inicio de tempada do Rodosa Chapela
Deporte • 27/09/2017
Autor: Lorena Otero

O bo inicio de liga do conxunto chapelán viuse marcado polas baixas de Ruben, que terá que ser operado do xeonllo e Tanis aínda pendentes de se terá que pasar polo quirófano. Malia as lesións os redondeláns conseguiron os catro puntos en xogo dende que comezou a liga. Logo da vitoria da pasada xornada fronte ao Teucro son quintos empatados a puntos cos cinco primeiros e a vindeira semana enfróntase ao Octavio, un dos seus rivais directos na loita polo ascenso.


A mediados do mes de setembro comezaba a Liga na Primeira Nacional Masculina con sensacións moi positivas para o Rodosa Chapela. Os de Fran Teixeira conseguían imporse nos dous partidos disputados até o momento pero as lesións de dous xogadores claves como Rubén e Tanis obrigaron a modificar o esquema de xogo. O adestrador agarda que a recuperación dos xogadores de acelere xa que son esenciais para encarar unha tempada que vai ser moi competitiva.


Dezaseis equipos cun nivel moi igualado o que xa se deixa notar neste comezo de tempada con empates e resultados moi axustados. Equipos como o Calvo Xiria, campión da pasada campaña, o Novás cun moi bo equipo, o Lalín que vén de reforzarse con novas incorporacións e o Octavio que presenta un proxecto sólido con xogadores que xa coñecen a categoría Asobal e que loitarán xunto o Rodosa por rematar nos postos que permitan disputar a fase de ascenso á División de Honra Prata.
Co obxectivo do ascenso, o Rodosa tamén presenta un equipo renovado no que apostaron pola xuventude e a experiencia incorporando a xogadores como Juan Bautista Tizón (Nani), Rubén Figueirido e Luis Orge, Pablo Orge e Fran Camino que regresan a Chapela logo de pasar por outros equipos.


O conxunto prepara xa o próximo partido será na casa fronte ao Octavio. O sábado, 30 de setembro, ás 18.30 horas no Pavillón Municipal de Chapela.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: