www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 18 de Setembro de 2018

Negros enxalza a súa mazá
Sociedade • 26/09/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A Comisión de festas apura os últimos traballos para ter todo a punto cando este sábado día 30 ás 20:00 horas se abran as casetas de degustación nas que se servirán numerosos pratos nos que un dos seus ingredientes estrela será a mazá da parroquia. Nestes días corenta persoas traballan na recollida da froita, da que esperan apañar máis de 6.000 kilos. Comezaron xa a elaborar sidra que permitirá servir máis de catro mil litros da prezada bebida. O sábado o programa inclúe o concerto de Guillermo Castro e o domingo, día grande da celebración, terá lugar o pregón a cargo do popular actor e humorista, Sergio Pazos.


O bacallau con mazá e a peituga con mazá son os dous pratos máis demandados polos comensais que se achegan a esta cita gastronómica e que nesta edición atoparanse cunha novidade: o lomo asado con mazá. Así o explica o presidente da Comisión de festas, Emilio Antón, quen agradece a colaboración veciñal que xa recolleron máis de 4.000 kilos de mazás "aínda que contamos con achegarnos aos sete mil kilos".


Unha froita que este ano é especialmente abondosa e presenta unha moi boa calidade o que permitirá tamén elaborar más de 4.000 litros de sidra que se porán a venda nas dúas xornadas de festa a un prezo de 2 euros a botella.


Igual de económicos son os prezos dos diferentes pratos que se poderán degustar na propia carpa instalada no torreiro da festa ou levar para casa, o prato estrela de mazá con bacallau servirase a 7 euros, a costela a 4 e a brocheta de polo a 3 euros. O chourizo a sidra despacharase por 3,5.


Unha festa que arrancará ás 20:00 horas do sábado coa apertura de stands e o concerto do cantante Guillermo Castro. O día grande será o domingo, xornada na que as casetas de degustación comezarán a servir xa as onde da mañá e o pregón, que se poderá escoitar a unha do mediodía, correrá a cargo do popular actor Sergio Pazos.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: