www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 22 de Xuño de 2018

Charla sobre o trastorno específico da linguaxe no Multiúsos da Xunqueira
Sociedade • 26/09/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A logopeda do Centro de logopedia infantil e atención temperá Mónica Vilameá, Berta Fernández será a encargada de impartir esta chala co gallo da celebración do día da concienciación sobre o trastorno específico da linguaxe (TEL). A actividade, organizada dende a Concellería de Ensino, desenvolverase o sábado 30 ás 10:30 horas no Multiúsos con entrada de balde.


O Trastorno Específico da Linguaxe (TEL), antes chamado disfasia, é un trastorno grave e duradeiro que afecta á adquisición da linguaxe desde os seus inicios, prolóngase durante a infancia e a adolescencia, podendo deixar secuelas significativas na idade adulta.


O TEL son heteroxéneos. Non afectan sempre da mesma forma nin coa mesma intensidade a todos os compoñentes da linguaxe, como son a comprensión, a pronuncia, o uso da sintaxe ou a capacidade de uso social da linguaxe e da comunicación.


Na charla do sábado falarase de que é este trastorno, das súas necesidades, como detectalo e intervir, achegando unha pautas e protocolos de recoñecemento, diagnose e actuación ,tanto para as familias propiamente como apra os profesionais da ensinanza.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: