www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Xullo de 2018

Arcade acolle a II Carreira de Orientación Concello de Soutomaior
Deporte • 26/09/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A Alameda de Talorío acolle este domingo 1 de outubro de 10:00 a 13:00 horas a segunda Carreira de Orientación Concello de Soutomaior. O percorrido elixido para esta edición desenvolverase polo centro de Arcade co fin de resaltar e dar a coñecer os elementos culturais e patrimoniais da municipio.


Entre os valores positivos que ten participar neste evento destaca que se trata dunha alternativa de lecer, divertida e saudable, apta para todas as idades, xa que se pode adaptar a calquera nivel de esixencia física e, ademais, combina o físico coa destreza mental, aprendéndose a elixir rutas, elaborar estratexias, a ler mapas e a usar o compás. Tamén fomenta o compañeirismo e a cordialidade entre as persoas que participan, xa que, aínda que pode ser unha acción competitiva, o ambiente en que se desenvolve propicia estas relacións favorables.


As prazas son limitadas e o prazo de inscrición remata este xoves 28 de setembro. As inscricións pódense realizar en liña, a través da páxina web do concello de Soutomaior.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: