www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Xullo de 2018

O BNG esixe a eliminación do tráfico pesado en Chapela
Política • 25/09/2017
Autor: M. X. Queimaliños

As obras que se están a realizar nun treito da Avenida de Vigo en Chapela, con ampliación de beirarrúas e renovación de diferentes servizos atópanse, ao entender do BNG, cun importante obstáculo "tanto na súa concepción como na propia execución: a eliminación do tráfico pesado". Consideran que calquera plan de humanización da zona "debe levar aparellada a supresión dos camións que diariamente circulan por un treito urbano densaente poboado".


Os datos que manexa o Bloque fala de máis dun cento de vehículos de grande tonelaxe que diariamente circulan pola Avenida de Vigo, rúa que cruza a parroquia de Chapela e cuxas obras de remodelación se prolongarán a ta o verán do vindeiro ano.Máis aló da ampliación das beirarrúas entenden os nacionalistas que "para falar realmente de recuperar espazos para a cidadanía esiximos a eliminación do tráfico pesado desta zona densamente poboada, onde ademais dunha intensa actividade comercial, sitúase o Mercado e a Alameda de Chapela"


Engade o nacionalistas Xoán Carlos González que "a humanización da Avenida de Vigo debe pasar por desviar todo o tráfico de camións polos terreos nos que se sitúan Pescanova e Aucosa, para que teñan saída polo Alto da Encarnación. Deste xeito melloraríase notabelmente a seguridade viaria neste espazo".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: