www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 19 de Outubro de 2018

O Choco suma un punto en Santa Mariña
Deporte • 25/09/2017
Autor: Lorena Otero

Os redondeláns conseguiron un tanto na casa logo de empatar co Alondras a un, o que lles dá un respiro neste inicio de liga. Un punto que deixa ao Choco quinto pola cola. A próxima semana visitan o campo do Noia, último da categoría. O filial do Choco vencía en Tomiño por un a tres e tamén vitoria para o Chapela fóra da casa.


Os xogadores do Alondras chegaban como favorito despois de non perder ningún partido e loitando polos primeiros postos da categoría pero os redondeláns conseguiron manterse firmes e abrían o marcador cun gol de Comesaña no minuto 37. O empate chegaría na segunda parte logo dunha xogada polémica entre Jesús Varela e Pablo Couñago na que os locais reclamaban penalti. 

Goián-ChocoB 1-3


O ChocoB sitúase líder logo da vitoria en Tomiño. Moi superiores amosáronse os locais nun encontro que dominaron sen moita dificultade e que os deixa á cabeza da categoría empatado a nove puntos co Tomiño e o Tyde. A próxima xornada reciben ao S.Esteban, décimo e que chegará a Redondela en busca da vitoria logo de perder fronte ao Castrelos pola mínima


A. Alcabre-Chapela 2-3


Os xogadores de Chapela lévanse unha vitoria do campo do Alcabre que os deixa terceiros, cos mesmos puntos que o Gondomar e o Lavadores. A vindeira semana reciben ao Sampayo, décimo do grupo.


Lavadores-Nespereira 6-0


Tres tantos de Ruiz, un de Turi, outro de Iago e un último de Cristian déronlle a vitoria ao Lavadores. Os xogadores do Nespereira xa pensan no próximo partido. Reciben ao At. de Villar, cuarto do grupo, que está facendo un moi bo comezo de tempada e esta semana impúñase ao Coya por catro a cero.


Cesantes-Soutomaior 1-0


Os de Cesantes lévanse unha vitoria importante na casa grazas o tento de Raúl.


Bamio-Arcade 2-3


Arcade sitúase líder logo da vitoria na casa do Bamio. O dous tres desta xornada sérvelles aos de Soutomaior para encabezar grupo, cos mesmos puntos de o Caldas e o S. Adrián. A próxima xornada, non teñen un partido difícil, a priori, reciben ao Salcedo que é décimo terceiro.


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: