www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 20 de Novembro de 2018

O Choco, á procura do gol fronte ao Alondras
Deporte • 22/09/2017
Autor: Lorena Otero

Logo de seis xornadas, os redondeláns só conseguiron unha vitoria. Recoñecen que despois da boa pretempada que fixeron, o comezo da liga se lles está a facer complicada. A xuventude do equipo e a falta de acerto na portería marcan o inicio da competición o que deixa aos de Jacobo Montes na décimo sexta posición con catro puntos. Os redondeláns tentarán rematar coa mala racha este domingo en San Mariña fronte ao Alondras.


Os resultados non están a acompañar ao conxunto local que esta pasada xornada perdían por tres a cero no campo da Lomba fronte a un Arosa que chegaba co desexo de conseguir a primeira vitoria do campionato. Malia que a primeira parte estivo bastante igualada, con capacidade dos xogadores do Choco de crear xogadas de perigo, a expulsión de Javi no minuto 38 por dobre amarela botaría por terra toda a estratexia dos locais que xa non conseguirían remontar o encontro.


Até o momento, o Choco só marcou tres goles en seis partidos. O adestrador, Jacobo Montes, recoñece que este é un dos aspectos nos que están a traballar xa que crean moitas ocasións de gol pero non son capaces de materializalas. Xunto ao incremento da solidez defensiva, son os dous obxectivos que marcan para mellorar o rendemento do equipo.


Un Choco que presenta este ano moitas caras novas cunha clara aposta pola canteira. Dez  incorporacións das cales seis son sub-23, xogadores con moitas ganas que debutan na categoría aos que temos que sumarlle a experiencia de vellos coñecidos na competición como é o caso dos redondeláns Pablo Couñago e Yago Vázquez ou Rubén Comesaña e Iago Paz.


Os redondelas preparan o encontro co Alondras que será o seu próxima rival. Un equipo que esta tempada aínda non coñece a derrota e vén de imporse ao Arenteiro por catro a un. Montes recoñece que se atopan nun bo momento de forma o que se reflicte na clasificación. Son tercieros con once puntos. O encontro disputarase o domingo, ás 18.00 horas en Santa Mariña

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: