www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 23 de Xullo de 2018

Soutomaior convoca dous cursos para desempregados
Sociedade • 21/09/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O primeiro dos ciclos tratará sobre Atención Socio sanitaria a persoas no domicilio. Terá lugar no taller Luís Seoane de Alxán e ten cunha carga lectiva de 618 horas, das cales 120 serán totalmente prácticas. O segundo curso, que levará a cabo no Multiusos de Arcade, versará sobre Actividades de Xestión e abarcará  898 horas lectivas que compoñen o curso, das cales 80 serán prácticas.


O Concello de Soutomaior ven de convocar dous novos cursos de formación para desempregados que se desenvolverán nos dous centros homologados cos que conta o municipio. Cada ciclo conta cun aforamento máximo de 15 prazas e están destinados principalmente a poboación desocupada. Ambos os ciclos son totalmente gratuítos e, ademais de proporcionar un certificado de profesionalidade de nivel 2, levan asociados unha serie de axudas para o seu desenvolvemento que cada participante deberá solicitar a través do Concello de Soutomaior.


A pesar de ser cursos dirixidos principalmente á poboación desempregada, é importante sinalar que de non cubrirse as vacantes ofertadas existe a posibilidade de que o 25% destas prazas poidan ocuparse por aqueles interesados que estean a traballar actualmente e poidan compatibilizar horarios. Estas persoas deberán dirixirse ás oficinas da Casa do Concello de Soutomaior para realizar a súa inscrición e achegar a documentación necesaria.


Os interesados en participar deberán inscribirse na oficina de emprego de Redondela  e para máis información pódese consultar nas oficinas do Concello de Soutomaior ou ben a través dos números de teléfono 986 705 106 ou 986 705 114.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: