www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 23 de Setembro de 2018

Taller interxeracional "Xogando en familia" en Pazos de Borbén
Sociedade • 19/09/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O Concello de Pazos de Borbén, en colaboración coa Deputación de Pontevedra a través do programa "Tecendo Lazos", organiza un novo taller de lecer dirixido ao público familiar. Un taller de xogos en familia no que pais, fillos e avós compartirán xogos tradicionais e modernos, ensinando os uns aos outros as peculiaridades dos xogos de cada época. O taller terá lugar na Casa do Pensionista de Amoedo do 21 de outubro ao 25 de novembro.


O obxectivo fundamental deste curso é organizar unha actividade que favoreza as relacións interxeracionais de forma que fillos, pais e avós participen conxuntamente na actividade fomentando así o envellecemento activo dos nosos maiores e a empatía da mocidade cara ao resto de xeracións.


A formalización da inscrición realizarase nas oficinas da Casa do Concello antes do 9 de outubro. As prazas adxudicaranse por estrita orde de entrada no rexistro municipal. Todos os interesados en recibir información poden facelo a través do correo electrónico en omix@pazosdeborben.org, chamando ao teléfono 986 498 934 ou nas oficinas da OMIX na Casa do Concello, de 09:00 a 14:00 horas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: