www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 20 de Xullo de 2018

Veciños de Pazos saen a rúa para reclamar un servizo de autobús
Sociedade • 18/09/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A marcha arrancaba as nove da mañá na parroquia de Nespereira con remate ás portas do concello de Pazos de Borbén. Os manifestantes trasladáronlle ao alcalde, Andrés Iglesias a necesidade de que se retome o servizo de transportes público que permitía aos veciños empregar o autobús escolar para desprazarse a Redondela. Iglesias alegou que a suspensión responde a unha "reestruturación dos percorridos por parte de Autos Arcade" e comprometeuse a solicitarlle a empresa que retome o servizo.


Explican os veciños que malia non seren moitos os que empregaban este autobús trátase dun servizo moi necesario. "Hai veciños maiores que carecen de coche ou non conducen e que empregaban este autobús para achegarse ao médico ou mesmo para ir a praza de Redondela" explicaba unha das usuarias.


Estes veciños empregaban ata o pasado mes de xuño ese autobús escolar para baixar a Redondela unha vez deixaba aos nenos no colexio. "Suspendérono no verán pero nós contabamos que volvería retomarse en canto os rapaces regresaran as aulas, sen embargo estes días estivemos na paradas e non pasou ningún autobús".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: