www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 17 de Outubro de 2018

Presentación dos equipos de atletismo da Escola da Asociación Deportiva C.A.R
Deporte • 14/09/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O club de atletismo de Redondela presenta na tarde do xoves ás 18:00 horas no Instituto Illa de San Simón aos equipos da súa escola. Aqueles que estean interesados en participar nesta oferta deportiva orientada a nenos e nenas de 5 a 16 anos, cuxa finalidade é a de potenciar o atletismo de base mediante a súa introdución, iniciación, perfeccionamento e promoción entre os nenos e novos, utilizando o deporte como ferramenta de formación e educación non teñen máis que achegarse a estas instalacións.


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: