www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 22 de Novembro de 2017

David Pombar: "Emprender por necesidade non é o mellor punto de partida"
Institucional • 13/09/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Pombar, informático de profesión e emprendedor de vocación, imparte unha charla este xoves ás 20:00 horas na Casa da Cultura dentro do plan de Emprendemento que ten en marcha o Concello de Redondela a través do programa piloto Starupvila. Cunha ampla experiencia en xestión de proxectos e desenvolvemento de negocios e fundador da empresa Setpay promete respostar "coa verdade, toda a verdade e nada máis que a verdade".


Ao longo da súa traxectoria como emprendedor a persoa pasa por diferentes fases: incerteza, inseguridade, optimismo, medo... David Pombar relatará a través da súa propia experiencia estas fases e dará resposta a todas aquelas cuestións que formule o público asistente.


Con todo, unha das preguntas máis recorrentes neste tipo de charlas xira en torno a cuestións tan prácticas como é o tema financeiro "o arranque de calquera proxecto precisa dun investimento e lograr ese financiamento inicial adoita ser unha das preocupacións de todos os que están pensando en montar o seu propio negocio. Lograr eses cartos pasa necesariamente por convencer aos demais de que a nosa idea pode funcionar".


Unha sesión de preguntas e respostas coas que os participantes aprenderán dos erros e dos acertos deste emprendedor. O obxectivo é achegar a realidade do que supón poñer en marcha unha idea ou negocio, as trabas que hai que superar ou as ideas preconcibidas en torno ao emprendemento.


Insiste Pombar en que moita xente lánzase a montar algún negocio como alternativa a falta de emprego por conta allea, pero entende tamén que "emprender por necesidade non é mellor punto de partida".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: