www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 26 de Setembro de 2017

A SAR Rodavigo cae ante un potente Puerta del Carmen
Deporte • 11/09/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O equipo senior feminino da División de Honra Prata arrancou a tempada cunha cita difícil, o Lanzarote Puerto del Carmen, equipo que esta chamado a ser un dos grandes da liga. Así o demostrou neste primeiro partido no que non deu opción ás locatarias, vencendo por 24-32. Mellor sorte correu o Cíes Chapela que logrou un traballado empate ante o Camargo por 20-20.


As xogadoras da SAR Rodavigo acusaron os nervios e as imprecisións do primeiro partido da tempada mentres que o Lanzarote Puerto del Carmen amosou que está chamado a ser un dos grandes da liga. Malia a derrota aínda queda moito por xogar e a próxima parada lévaas ao campo do Carballal.


Traballado empate o logrado polo equipo Cíes Chapela tamén na División de Honra Prata. 20-20 foi o resultado do seu primeiro partido de liga fronte ao Balonmán Camargo, nun encontro moi disputado que tiveron que loitar ata o final. Cita fora da casa na vindeira semana que as obriga a se desprazar ata Palencia.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: