www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 23 de Setembro de 2018

Redondela e comarca resisten malia a caída do emprego no sector servizos
Sociedade • 5/09/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O mercado laboral reséntese cando remata a tempada estival debido  finalización dos contratos propios dos meses de verán. Con todo, na nosa comarca o efecto foi mínimo e practicamente os datos permanecen inamovibles respecto ao mes de xullo. En Redondela o número de parados ascende a 1878, tres menos que no pasado mes. Descensos semellantes en Soutomaior con catro parados menos e en Pazos, onde a lista do desemprego se viu reducida nunha persoa. Tan só Fornelos é a excepción, ao incrementarse o numero de desempregados en dez persoas.


Redondela encadea cinco meses de caída nas súas listas do paro, aínda que nesta ocasión a variación é mínima, tan só tres persoas menos que en xullo, situándose o número de desempregados en 1.878 En Soutomaior a cifra ascende a 612, catro menos que no mes anterior e en Pazos hai 318 persoas inscritas na lista do paro.


Fornelos é a única nota discordante na contorna, un incremento en dez persoas contabilizándose a finais de agosto un total de 172 persoas en paro.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: