www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 15 de Decembro de 2018

Afectados pola AP-9 retoman as mobilizacións en Chapela
Sociedade • 4/09/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Logo dun mes de descanso, os afectados volven a rúa para que ninguén esqueza as súas demandas: a reposición de servizos, mellora de camiños, expropiación das vivendas aínda pendentes do seu futuro e a convocatoria da Comisión de Seguimento, que leva seis meses sen reunirse.


Mañá martes os veciños volverán saír a rúa. Concentraranse diante do Centro de saúde entre as once e as doce do mediodía, retomando así as protestas que paralizaron momentaneamente durante o mes de agosto. Insisten na necesidade de seguir na rúa para que as súas demandas non se esquezan. Por ese motivo, as concentracións repetiranse todos os martes e xoves con lixeiros cambios na súa ubicación, pero sempre no centro da parroquia para seren máis visibles.


Entre as reclamacións que fan neste inicio do curso é a convocatoria da Comisión de seguimento e "que leva sen reunirse dende o pasado mes de marzo, malia o compromiso de que se volvería convocar para un mes despois".


Nos últimos tempos houbo avances nalgunhas cuestións, como a decisión de Correos de axilizar a busca dun local alternativo que permitiría a súa saída do edificio que ocupan actualmente "os responsables da empresa foron ver varios locais e están pendentes de elixir un ao que se trasladar o que permitirá derrubar o edificio actual e ampliar a estrada do torreiro".


Tamén parece que o actual transformador nas inmediacións da autoestrada será historia en breve, xa que será desprazado uns 50 metros e soterrado, o que mellorará a estética do lugar.


Con todo, as reivindicacións non acaban aí polo que reclaman que se reúnan a Comisión de Seguimento canto antes para abordar os asuntos pendentes.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: