www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 10 de Decembro de 2018

As burras e as penlas, arte floral no Obradoiro
Sociedade • 4/09/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Un grupo de alfombristas de Redondela participou esta fin de semana no evento "Alfombras no camiño de Santiago, arte efímera para a paz do mundo" que se celebraba na Praza do Obradoiro, en Santiago. As alfombristas do noso concello elaboraron un tapiz no que recolleron dous símbolos tan nosos como son a danza das burras e as penlas.


Os traballos de elaboración da alfombra realizáronse o sábado pola tarde, e o domingo a alfombra luciu nesta emblemática praza compostelá xunto con outras dezaoito alfombras elaboradas por grupos procedentes de diferentes puntos de Galicia pero tamén do resto do estado ou incluso chegadas de Xapón, Mexico, Italia e Alemania.


Todas as alfombras tiñan forma de vieira como símbolo do Camiño de Santiago e xuntas formaban unha grna manifestación artística presentada ao numeroso público que acudiu á praza do Obradoiro.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: