www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 20 de Novembro de 2018

A falta de acerto condena ao Choco
Deporte • 4/09/2017
Autor: Ana Prieto

Os de Marcos Montes regresaron de valeiro de terras ourensás, malia dominar boa parte do encontro. O Choco gozou de varias ocasións para empatar un partido no que o Barco se adiantou moi cedo, pero faltoulles acerto ante a portería local.


Terceira División


Barco 1-0 Choco


Os dous equipos chegaban ao encontro buscando a súa primeira vitoria da liga, e os anfitrións fixéronse cos tres puntos, malia que o Choco os fuxo sufrir ata os últimos minutos. Adiantouse cedo o Barco, cun gol no minuto tres de partido, obra de Mitogo cun remate de cabeza. Os de Marcos Montes buscaron o empate e defenderon con seriedade, pero faltoulles a recompensa do gol. Xa na segunda metade, os redondeláns dominaron o xogo e presionaron a portería de Óscar. Tiveron numerosas ocasións para facer a igualada, mesmo cun remate ao pau, pero sen premio. A presión do Choco era constante, e obrigou a facer cambios os locais. Os de Montes seguiron presionando e fóronse arriba nos minutos finais, poñedo en situacións de perigo a portería local con varias ocasións de gol que salvou un acertado Óscar. O Choco, que mereceu o empate, marcho de valeiro. O próximo domingo buscarán a primeira vitoria da liga en Santa Mariña, ante o Céltiga.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: