www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 20 de Setembro de 2018

Moscoso celebra a Festa das Chulas a ritmo de rap
Sociedade • 1/09/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A Asociación de veciños San Paio de Moscoso organiza a XVII edición desta festa que se celebra o primeiro domingo de setembro. Unha cita gastronómica que arrancará ás 11:00 horas e na que se poderá degustar durante todo o día polbo, churrasco, paella, empanadas, callos e sobremesas caseiras, ademais da  protagonista indiscutible do evento, a Chula. O pregón correrá a cargo do rapeiro Malvares de Moscoso.


Moscoso acolle este domingo a XVII edición da festa da chula. Unha sobremesa típica galega que en tempos difíciles foi o principal sustento de moitas familias na zona que vivían do campo e que tiñan á súa disposición os produtos necesarios para a elaboración das chulas: ovos, leite, fariña de millo e algo de azucre. A masa que resulta destas mestura frítese en aceite, resultando unha sobremesa semellante á filloa pero máis grosa.


A festa na súa honra naceu no 2001 da idea de relanzar a antiga feira de Moscoso que, por aquel entón, atopábase extinta. Co obxecto de atraer xente xurdiu a idea de realizar unha festa gastronómica. Naquel ano foron 300 as persoas que participaron, número que foi crecendo ata chegar as 1500 que se esperan nesta edición.


O Pregón correrá a cargo do noso veciño Malvares de Moscoso, un dos artistas máis importantes do rap en Galicia. Forma parte da banda Rebeliom do Inframundo e é un dos responsables da discográfica lusófona Língua Nativa. Nos seus 13 anos de traxectoria percorreu toda a península mostrando a súa particular mestura de hip hop, poesía e electrónica.


A celebración completarase cunha feira de produtos ecolóxicos e artesanais.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: