www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 17 de Outubro de 2018

Música tradicional, teatro, deporte e cursos de memoria no Viso
Cultura • 1/09/2017
Autor: Ana Prieto

A Antiga Escola de Tuimil, centro de actividades e cursos na parroquia do Viso, comeza este mes cun amplo abano de cursos para todos os públicos e idades. A música e o canto tradicional teñen un lugar destacado, aos que este ano se suma como novidade o teatro infantil. O Pilates é a disciplina elexida para poñer aos veciños en forma, e para adestrar a mente o curso "conservando a memoria".


Ao longo deste mes de setembro comezarán os cursos e obradoiros que abarcan a música tradicional, o mantemento físico e como grande novidade o achegamento ao mundo do teatro para cativos e cativas. As clases de pandeireta e canto tradicional, serán os martes ás 18:30 horas, as de gaita, os venres polo serán, acordeón os xoves á tardiña, igual que a zanfona. O curso de Pilates impartirase marte e xoves de 17:30 a 19:00 horas. Obradoiro de teatro infantil, dirixido a rapaces de 6 a 12 anos, será os mércores de 17:30 a 19:00. A través do programa da Deputación de Pontevedra a Sociedade Cultural do Viso tamén ofrece o curso "Conservando a memoria" para maiores de 50 anos, os luns e venres de 17:30 a 19:00 horas, con comezo o día 18. Para recibir máis información destes cursos, os interesados pódense dirixir ao correo electrónico acsmviso@gmail.com ou ao teléfono 656.938.058.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: