www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 20 de Novembro de 2018

Catro parroquias sufrirán cortes nos subministro eléctrico o vindeiro domingo
Sociedade • 1/09/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A empresa Unión Fenosa informa aos seus usuarios dun corte no subministro eléctrico que se producirá este domingo día 3 dende as sete da mañá ata as 11:00 do mediodía co obxecto de efectuar diferentes traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica. As interrupción no subministro afectarán a diferentes rúas e lugares de Cabeiro, Negros, Trasmañó e Vilar de Infesta.


Nunha carta remitida aos clientes afectados explican dende Fenosa que os cortes producirante na mañá do vindeiro domingo entre as sete da mañá e as once co fin de efectuar diferentes traballos de mantementos que buscan mellorar o subministro nas zonas afectadas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: