www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Xullo de 2018

Os veciños de Chapela demandan máis presenza policial pola "escalada de actos vandálicos"
Sociedade • 31/08/2017
Autor: Ana Prieto

Demandan ao Concello maior vixilancia policial, máis alumeado público e mesmo a colocación de cámaras de seguridade. Tamén propoñen realizar un concurso de graffitis para cubrir os muros que o precisan "con verdadeiras obras de arte urbano".


O presidente da Asociación de Veciños, Marcial Pérez, alerta de que na parroquia de Chapela estase a producir unha gran escalada de actos vandálicos, e poñen especial atención no aumento "alarmante" de graffitis. Explica que os vándalos non respectan "ningún tipo de edificación" nin se decatan da imaxe de "marxinalidade" na que deixan a parroquia. As pintadas son visibles en edifiicos públicos como o Multiusos do Piñeiral do Crego, a Igrexa, o Centro de Saúde, Pavillón de Deportes, Piscina, colexios, Instituto. Tampouco se libran dos graffitis os edificios particulares, muros, parques infantís, mobiliario urbano, marquesiñas, colectores do lixo, fontes, etc. Por este motivo demandan do Concello "unha maior presenza e vixilancia policial" en Chapela, para erradicar esa "lacra" que, segundo denuncian, tanto dano está serando na parroquia. Outra das peticións veciñais é que se aumente o alumeado público nas zonas máis susceptibles de sufrir os actos vandálicos, como o centro de saúde, o CEIP Igrexa, a antiga estación de ferrocarril ou o Club de Remo. Sinalan tamén que sería recomendable apoiar estas medidas "coa colocación de cámaras de seguridade para controlar e evitar este tipo de actos vandálicos". Por outra banda Pérez entende que podería organizarse un concurso de graffiti cunha temática determinada e cubrir con debuxos "os muros que o necesitan", imitando a iniciativa do Concello de Vigo, onde se decoraron edificios. A asociación veciñal defende que esta actividade serviría para concienciar e facer un bo uso desta práctica. Deste xeito serían "verdadeiras obras de arte urbano, e non vandalismo".

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: