www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Xullo de 2018

Cesantes celebra o Día da Convivencia
Sociedade • 31/08/2017
Autor: Ana Prieto

O Círculo Deportivo e Cultural de Cesantes organiza este domingo, 3 de setembro, o seu tradicional Día da Convivencia. Unha xornada para que familia e amigos gocen da festa na praia, con xogos, inchables e unha divertida festa da espuma.


Concha Crespo, do C.D.C. de Cesantes convida a todos os veciños da parroquia e de toda a bisbarra a sumarse a esta xoranda festiva. Sinala que son moitos os que chegan desde diferentes puntos da comarca para reunirse cos seus familiares e amigos nesta xornada. Comezarán ás 11.30 horas con torneos de xogos de mesa, e seguirán con música, xogos para os máis pequenos e inchables. A organización instalará mesas, ademais das que xa existen na zona, para facilitar que todos os que desexen poidan levar a comida e quedar a xantar no recinto. O prognóstico meteorolóxico, favorable para o domingo, animará a moitos a gozar tamén da praia e da festa da espuma, coa que rematarán as actividades.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: