www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 21 de Novembro de 2018

Meirande acolle a V Xornada Deportiva e Cultural
Sociedade • 30/08/2017
Autor: Ana Prieto

Deportes náuticos, música e gastronomía danse a cita este sábado, 2 de setembro, na contorna do museo Meirande. A Asociación Deportiva e Cultural de Rande organiza esta xornada festiva na que os interesados poderán practicar kaiak ou paddel surf, visitar o museo e gozar da música tradicional.


As actividades comezarán xa desde as 10.00 horas con visitas ao museo, que se repetirán ao longo de todo o día. Á mesma hora comezarán tamén as actividades náuticas coa práctica de kaiak, a un prezo de 8 euros, o mesmo que o paddel surf. A sesión na embarcación colectiva coñecida como "plátano" ten un prezo de 12 euros. Ás 13.00 horas comezará a exhibición de flyboard, que se repetirá ás 17.00 horas. Ás 20.00 horas comezará a música cunha foliada na que participarán diferentes grupos locais. O presidente da ADC Rande, Juan José Comesaña, sinala que se trata dunha xornada para que disfrute o público "de todas as idade". Non faltará a mellor gastronomía a prezos populares, con empanadas, churrasco e polbo, e o bar estará aberto ao longo de todo o día. Comesaña convida a todos os veciños e xente da contorna a achegarse ata este lugar "privilexiado" a pasar un día de festa "en familia". A organización ten habilitado un amplo espazo de lecer, e xogos e inchables para os nenos. O estacionamento dos vehículos tampouco será un problema xa que contan cunha ampla zona de aparcamento. Para os interesados en realizar algunha actividade náutica, a organización recomenda facer a reserva previa no teléfono 670 81 04 91.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: