www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 20 de Setembro de 2018

Cortegoso, en Santa Mariña como na casa
Deporte • 30/08/2017
Autor: Ana Prieto

"Cortegoso espérate na casa. Cantos anos leva no Choco?". Esta é a campaña de socios deste ano do club de Redondela. O veterano porteiro é o protagonista dunha iniciativa que volve a chegar con agasallos. Os que respondan á pregunta correctamente poderán gañar unha camisola do equipo ou a do propio porteiro. As respostas poden enviarse a chocomedios@gmail.com.


Cortegoso é un dos referentes da entidade. O xogador redondelán volve a defender a portería do equipo un ano máis e, ao igual que os anteriores, é un gardameta de gran nivel para Terceira División, como defenden no club. Ademais, tamén amosa sentido do humor ao prestarse como modelo para a campaña de abonados deste ano. Na imaxe pode verse ao gardameta nunha das porterías que tan ben coñece. Entre os tres paus está "na súa casa".


Actualización das tarifas e descontos


O prezo das abonos sofren un incremento esta tempada. Tras varios anos conxelados, a asemblea de socios celebrada a pasada semana aprobou unha suba de 10 euros no abono individual, que pasa dos 70 aos 80 euros. Ademais, a entidade creou o abono protector, de 100 euros, que inclúe días de club, non pagar entrada no play-off de ascenso, no caso de que o Choco o xogue, e ter un asento reservado na grada. A tarifa máis baixa, que vai dirixida ós menores de 25 anos, non sofre variacións e continúa en 40 euros anuais. O prezo para parados e xubilados é de 60 euros. Contar con varios abonos na mesma familia ten un desconto de ata o 70% para o terceiro membro da unidade familiar. O C.D. Choco tamén optou por lanzar este ano un desconto "por amizade". Todos aqueles abonados que traian un novo socio á entidade manterán o prezo da pasada temporada, deste xeito aforrarán 10 euros.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: