www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 20 de Setembro de 2018

Cursos de informática para todos en Redondela e Chapela
Institucional • 28/08/2017
Autor: Ana Prieto

As aulas Cemit de Redondela e Chapela abren a matrícula para os cursos de informática que organiza o departamento de Novas Tecnoloxías do Concello. As actividades comezan o 11 de setembro e prolóngase ata o 14 de decembro con clases de iniciación, contabilidade, informática para maiores de 60 anos, búsqueda de emprego e cursos dirixidos a asociacións e organziacións sen ánimo de lucro.


O departamento de Novas Tecnoloxías, que dirixe Julio Mougán, oferta unha vintena de cursos, totalmente gratuítos, dirixidos a persoas maiores de 16 anos. Hai tres grandes bloques formativos: cursos de alfabetización informática e actividades dixitais básicas; outros dirixidos a colectivos como asociacións, ONG´s ou empresarios, e un último enfocado á busca activa de emprego a través de internet. Son actividades moi demandadas que a día de hoxe resultan imprescindibles, tanto para a vida laboral como persoal. As novas tecnoloxías aplícanse a todos os ámbito, desde o traballo ata as comunicacións persoais, pasando polo comercio, polo que estes cursos son de gran utilidade. Os cursos impartiranse na aula Cemit de Redondela, no Paseo do Pexegueiro, 6; e na de Chapela, na rúa Manuel Rodríguez Casal, 3. A documentación necesaria para formalizar a matrícula será: Fotocopia do DNI e certificado de empadroamento. A entrega da matrícula farase nos Rexistros Municipais habilitados (Redondela e Chapela) ata dous días antes de comezar cada curso, tendo reserva de prazas para usuarios dos Servizos Sociais municipais. As prazas serán concedidas por orde de entrada de solicitudes de inscrición. No caso de ter máis solicitudes que prazas nalgún dos cursos, entón o límite de presentación de instancias pecharase 3 días antes de iniciar o curso, e 2 días antes realizaráse un sorteo público das prazas na Casa do Concello (publicarase na web con antelación a hora do mesmo). Segundo explican desde o Concello, sempre terá preferencia na adxudicación das prazas a xente empadroada en Redondela, e chamarán ás persoas con praza concedida antes de comezar cada curso.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: