www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 23 de Xullo de 2018

Aqualia realizará un estudo sobre a situación en Arealonga para buscar solucións aos verquidos
Sociedade • 25/08/2017
Autor: Ana Prieto

Responsables da Aqualia mantiveron unha xuntanza coa alcaldesa Carmen Amoedo e representantes da A.VV. de Chapela para analizar a situación dos verquidos na praia. Concluiron que o principal problema é a inexistencia dun emisario na depuradora.


A necesidade de ampliar os desagues e o caudal das bombas nas estacións de bombeo é tamén outra das priotridades, ademais da construcción dun tanque de tormenta. Desde a asociación de veciños tamén salientan a importancia de seguir "coa separación integral de augas fecais e pluviais" e a eliminación "total" de vertidos de fecais aos ríos da parroquia. A xuntanza celebrouse a pasada semana, ante a preocupación dos veciños pola mala calidade das augas na Praia de Arealenga. O presidente, Marcial Pérez, advirte que existe o risco de que o areal se peche ao baño "de xeito definitivo" por parte da Axencia Europea de Medioambente, xa que en 5 dos últimos 6 anos a calidade da auga foi "insuficiente". Na reunión chegouse ao acordo de que Aqualia, empresa concesionaria do servizo de augas en Redondela e Vigo, fixera un informe da situación "indicando as propostas de solucións para evitar os vertidos". Tamén solicitarán unha reunión con Augas de Galicia, para conseguir os permisos e o financiamento das actuacións necesarias. A alcaldesa en funcións, Carmen Amoedo, comprometeuse a manter un seguimento continuo do caso, informando á asociación veciñal dos avances na solución integral. Pérez agarda que o Concello "se deixe agora de triunfalismos" e traballe "de verdade" por solucionar o problema, e agradece "o cambio de actitude da Amoedo" que agarda se repita tamén "por parte dos demais membros do Goberno local". Desde a asociación fan tamén un chamamento aos veciños da parroquia para que "eviten enviar augas pluviais aos colectores e alcantarillados de fecais". Propoñen a recupeción "dos regos" ata os ríos da parroquia, para que cando se produzan avenidas de auga de choiva "remate nos ríos e así evite o colapso das estacións de bombeo e da depuradora".

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código:

Audios relacionados co artigo
Marcial Pérez presidente da Asociación de Veciños
Entre os veciños existe unha gran preocupación ante a posibilidade de que a UE peche a praia ao baño definitivamente.
Depuradora insuficiente
O maior problema está na incapacidade da depurador de tratar as augas residuais cando se xuntan coas pluviais.
Agardan solucións
Aplauden o cambio de actitude do Concello ante o problema e agardan que agora se dea unha solución definitiva aos verquidos.
Colaboración veciñal
Fan un chamamento para que os veciños eviten enviar augas pluviais aos colectores e alcantarillados de fecais.