www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 25 de Maio de 2018

Unha adega de Soutomaior faise coas uvas do castelo
Institucional • 25/08/2017
Autor: Ana Prieto

A produción das viñas do castelo de Soutomaior quedará "na casa". A mesa de contratación da Deputación analizou a poxa realizada para a colleita ,e escolleu a oferta presentada por Quinta das Eiras, unha pequena adega de Soutomaior que se encargará de vendimiar uns 18.000 quilos de uva.


A adega presentou unha oferta de 1,008 euros por quilo de uva recollida, que agora, unha vez comprobada a totalidade da documentación, será adxudicada por unha resolución do deputado delegado de Patrimonio, Carlos López Font. Con este proceso conclúese, un ano máis, o sistema de poxa pública para as uvas que produce a leira do castelo nas catro hectáreas dedicadas ás vides. Desde xullo de 2015 adoptouse o sistema de poxa pública para as uvas do castelo. En 2015 a colleita foi de 14.720 quilos, que se venderon a 0,98 euros por quilo. O ano pasado a colleita foi de 15.815 quilos e vendeuse a un prezo de 1,32 euros por quilo. Neste ano, a previsión é que a colleita sexa contorna aos 18.000 quilos, pola boa calidade e cantidade de uva, malia que haberá que agardar a que a adega adxudicataria remate a vendima para coñecer os datos exactos.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: