www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 19 de Xullo de 2018

O Círculo de Chapela celebra o seu 50 aniversario cunha fin de semana gastronómica
Sociedade • 24/08/2017
Autor: Ana Prieto

O Círculo de Chapela, todo un referente na vida social e cultural da parroquia, celebra medio século de historia. Esta fin de semana celébrano cunha sardiñada o sábado e unha churrascada popular o domingo. As dúas citas serán no paseo marítimo de Chapela.


O presidente da entidade, Emilio Sánchez, explica que estas festas son un xeito de "agradecer" a todos os socios a súa participación no Círculo de Chapela, ao tempo que confían en animar a máis veciños a que se sumen a este colectivo. A Festa da Sardiña será o sábado, día 26 a partir das 19:30 horas no paseo marítimo de Chapela. É imprescindible inscribirse antes, hoxe xoves ás 23.00 horas é a data límite. Os interesados deben retirar o vale correspondente na cafetaría do Círculo. Cada socio pode retirar un quilo de sardiñas e pan de trigo de balde. Os que non sexan socios, ou aqueles que queiran reservar un quilo adicional deben abonar 10 euros. A velada estará amenizada polo grupo musical Souvenir, e na carpa tamén se poderá degustar polbo. O domingo, día 27, celebran unha churrascada popular a partir das 14:00 horas no paseo marítimo. O prezo do churrasco, criollo e media botella de viño é de 5 euros. Tamén solicitan que os interesados en acudir se inscriban con anterioridade, sendo a data límite mañá venres, día .

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: