www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 22 de Setembro de 2018

O PSOE de Redondela critica ao goberno local polos atrasos nas citas de Servizos Sociais
Política • 23/08/2017
Autor: Ana Prieto

A edil socialista Digna Rivas denuncia os atrasos de ata tres meses nas citas para os usuarios do departamento municipal de Servizos Sociais en Chapela. Culpa desta situación de colapso á "mala xestión" do goberno local.


O PSdeG-Redondela lembra que o pasado mes de xuño constatou a "deixadez" do executivo popular, que provocaba atrasos nas citas pola falta de persoal en Chapela, así como na tramitación de axudas de emerxencia social. Por outra, advertían que coas vacacións de verán a situación agravaríase, "como agora se constata", segundo apunta Rivas. Unha situación que, segundo o grupo socialista, levou aos veciños a facer efectivas as súas queixas "a través do rexistro do Concello ante a falta de xestión do goberno local". Para a edil do PSOE resulta "indignante" que a ciudadanía que está a pasar "momentos dificiles" teña que sofrir "meses de espera" para arranxar situacións graves que atravesan moitas familias e que precisan unha resposta "urxente". O que parece estar esquecendo a concelleira de Servizos Sociais, e actualmente Alcaldesa accidental, María del Carmen Amoedo é que estase a falar de dereitos sociais. Lamenta que a concelleira de Servizos Sociais, Carmen Amoedo, "xogue cos dereitos das persoas" cando a axuda da administración deben realizarse "no menor tempo posible".

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: