www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 22 de Setembro de 2018

Teresa París defende o modelo de ludotecas municipais valorado positivamente polas familias
Política • 23/08/2017
Autor: Ana Prieto

A concelleira responsable do servizo responde así ás criticas do BNG, que cualificaba o servizo municipal como un modelo "fracasado". París sinala que o programa de ludotecas do Concello de Redondela atendeu neste ano 2017 a un total de 265 menores durante cinco horas todos os dias laborais do mes de xullo.


O servizo prestouse en 10 localizacións do municipio "e ningún neno foi excluído" do programa, que é gratuito para as familias. A edil sinala que o modelo "foi mellorando" en cada convocatoria a través de comisións de traballo "nas que participaron todos os grupos". Explica que o programa municipal de conciliación ten achegas de varios grupos políticos, malia que a súa posta en marcha e a xestión "é do equipo de goberno". Afirma que se ampliaron as prazas "para que ningún neno quedase fóra" e tamén o horario, pasando de catro horas diarias a cinco, "para mellorar a conciliación laboral e familiar". Lembra tamén que se habilitaron ludotecas "en todas as parroquias que teñen centro cultural e que contan con demanada deste servizo". Entende París que o único modelo "fracasado" era o do BNG cando gobernada, que atendía ludotecas "dous días á semana durante dúas horas e non en todas as parroquias".

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: