www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 19 de Setembro de 2018

San Simón, o tesouro da ría
Sociedade • 22/08/2017
Autor: Ana Prieto

A illa de San Simón, sede de templarios e franciscanos na Idade Media, fermosa inspiración de trobadores, tamén foi escenario de grandes horrores. Saqueada por piratas, escenario da Batalla de Rande e campo de concentración do bando franquista na Guerra Civil. Tamén lazareto e horfanato. Un pasado que poden coñecer da man de guías profesionais nas rutas guiadas por San Simón.


Empreas como a navieira Cruceros Ángel ofrece un percorrido pola Ría de Vigo con visitas guiadas a San Simón, para coñecer este espazo declarado Patrimonio histórico e Ben de Interés Cultural. O percorrido inclúe unha visita ao Paseo dos Buxos, o máis antigo de Europa xa que data de hai máis de 200 anos. A historia da illa está recollida no seu Museo de Interpretación, con imaxes de diferentes épocas. As saídas para a illa realízanse desde o peirao de Cesantes, o Museo Meirande e o porto de San Adrián de Cobres. O prezo é de 9 euros para os adultos e 5 para os nenos. As reservas poden facerse na Oficina de Turismo de Redondela, ou no teléfono 986.40.17.1.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: