www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 22 de Outubro de 2018

Reparto de puntos malia o dominio do Choco
Deporte • 21/08/2017
Autor: Ana Prieto

O equipo de Marcos Montes foi superior ao Areas no encontro disputado onte no campo da Lomba, pero a falta de acerto nas múltiples ocasións priváronos do triunfo. Os redondeláns tiveron que conformarse cun empate grazas a un gol no tempo de desconto.


 


Terceira División



Areas 1-1 Choco


O Choco dominou o partido ante o Areas, un recén ascendido, tal como estaba previsto, pero pagou caros os erros de definición. Antón Escobar fallou a puerta valeira no primeiro minuto de xogo. Era o comezo dunha primeira metade de completo dominio redondelán, malia que sen acerto entre os tres paus. Na metade da primeira parte Yago Vázquez enviou un balón ao traveseiro. E foron máis as xogadas parecidas nos primeiros 45 minutos, con control absoluto dos redondeláns e bo ritmo, nunha tarde de calor intensa no campo da Lomba. De feito o árbitro parou o xogo nos dous tempos para que os xogadores puidesen beber e mitigar as altas temperaturas. Tras o descanso chegou o momento do conxunto de Ponteareas. Yelco Alfaya atopou un oco entre Ronald e Yago Vázquez para recoller un balón en longo e superar de tiro cruzado a Cortegoso. O gol sentou mal aos de Montes. O técnico decidiu mover o equipo e atopou un cambio de ritmo que lle permitiu volver a dominar o xogo. Repetíronse as ocasións e un novo balón ao pau, nesta ocasión nun remate de cabeza de Óscar "Chiqui". Xa no desconto, un balón na área terminou nos pés de Alberto Castiñeira, que fixo o gol do empate. O dianteiro, que fora protagonista a pasada temporada no ascenso do Areas a Terceira, selou o empate na Lomba coa camisola do C.D. Choco. Na metade da táboa logo do emapte no primeiro partido de liga, o Choco prepara a estrea na casa. O domingo recibirá en Santa Mariña ao Somozas, que vén de golear ao Arenteiro.


Cultural Areas: Sergio Rodríguez, Samu (Álex Villar, min. 76), Ross, Manu Pereira, Iván Martín, Isi, Yelco Alfaya, Hugo, Buno Alves (Rubén González, min. 81), Andrés (Cristian, min. 89).


Choco: Cortegoso, Ronald (Gándara, min. 62), Yago Vázquez, Javi González, Rubén Comesaña, Alberto Suárez, Antón Vilas, Óscar Comis, Félix, Óscar "Chiqui", Antón Escobar (Alberto Castiñeira, min. 62).


Goles: 1-0, min. 61: Yelco Alfaya; 1-1, min. 93: Alberto Castiñeira.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: