www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 18 de Setembro de 2018

Os hostaleiros redondeláns amplían a oferta e as zonas de ocio para o Entroido de Verán
Sociedade • 18/08/2017
Autor: Ana Prieto

Nesta vixésima edición do entroido estival, os locais de hostalaría de Redondela apostan por realizar actividades en distintas zonas, organizadas entre varios establecementos. Desta maneira os visitantes poderán gozar en distintos espazos de diferentes formas de vivir o entroido.


Así o Pazo de Vilavella abre as súas portas cunha singular proposta para o entroido de verán cunha zona gastronómica e música en directo que complementará a actividade de todos os locais situados na entrada a vila pola praza de Vilavella. Outras rúas e prazas da vila tamén serán punto de parada obrigada con propostas musicais diversas para todos os gustos. Os locais da vila apostaron por coordinarse para organizar estas actividades, e na súa maoioría rexeitaron participar con barras no recinto do campo da Feira. Desde a asociación de empresarios destacan que, deste xeito, os que se acheguen a Redondela contarán cunha oferta máis ampla e variada. Así poderán gozar dun entroido diferente, en distintos puntos do casco urbano. Desde Vilavella, pasando por Casto San Pedro, Alfonso XII, Praza da Constitución ou de Santiago Apóstolo, os locais do centro urbano terán as súas propias actividades e actuacións durante o sábado 19.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: