www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 19 de Setembro de 2018

Iago Paz pecha as fichaxes do Choco
Deporte • 18/08/2017
Autor: Ana Prieto

O Choco incorpora ao mediocentro Iago Paz, que substitúe ao mancado Juan Feijóo, e con esta fichaxe da por pechado o equipo para a presente temporada. Este domingo comeza a liga en Ponteareas ante o Cultural Areas. No campo da Lomba ás 19:00 horas.


O Choco vén de presentar ao experto mediocentro Iago Paz e, con el, da por pechado o equipo para afrontar a tempada en Terceira División. O futbolista pontevedrés dispón dunha longa traxectoria na Terceira División en equipos como o Ribadumia ou o Rápido de Bouzas. Aos 33 anos chega ao Choco para cubrir a baixa de Juan Feijóo que se mancou nun xeonllo esta pretempada, e rpevese unha longa baixa. Ante o baixo número de mediocentros do equipo, Marcos Montes contactou con Iago Paz que estivo varios días a proba adestrando co grupo ata pechar a súa vinculación co club redondelán. O centrocampista responde a un perfil de xogo de toque, con moita capacidade de asociación e gusto polo balón. De feito, é o perfil que sempre busca Montes no seu equipo, especialmente no mediocentro no que aposta por xogadores de clara vocación ofensiva. Esta é a principal virtude dun Iago Paz que a pasada tempada comezou no Rápido de Bouzas, pero deixou o equipo antes de rematar o curso.


Dez incorporacións, seis sub-23


Coa chegada de Iago Paz, o Choco pecha o capítulo de fichaxes, con nove incorporacións. Seis dos futbolistas que chegan son sub-23: Óscar "Chiqui", Alberto Castiñeira, Antón Escobar, Ronald Lezcano, Antón Vilas e Adrián Aguiar, que sube do xuvenil. A estes engádense os regresos dos redondeláns Pablo Couñago e Yago Vázquez, e a chegada de Rubén Comesaña e Iago Paz.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: