www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 22 de Outubro de 2018

O Festival Folk de Fornelos faise maior de idade
Cultura • 17/08/2017
Autor: Ana Prieto

O grupo folk Bouzavella será o protagonista da XVIII Festival Folk de Fornelos de Montes, que se celebra un ano máis na praia fluvial. Será o venres, día 18, con oferta gastronómica de pratos populares ao longo de toda a xornada.


Nova edición deste festival de música folk que se celebrará mañá venres, día 18 , na praia fluvial de Fornelos de Montes, coincidindo coa celebración das festas maiores do municipio. Os asistentes a esta xornada poderán degustar ao longo de todo o día polbo e churrasco na carballeira da contorna, mentres se deleitan coa música folclórica de ambiente. Entrada a entrada a noite, ás 22.30 horas, comezarán os concertos coa Banda de Gaitas de Fornelos, a Banda de Gaitas Vila de Xixón e o grupo folk Bouzavella. Cayetano Tamaño, presidente da comisión de festa, convida aos veciños de toda a bisbarra a achegarse a esta cita. Salienta que se trata dun festival para todos os públicos nunha contorna unica como a praia fluvial.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: