Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 14 de Agosto de 2018

A agruapción local de Protección Civil anima aos mozos redondeláns a facerse voluntarios
Sociedade • 16/08/2017
Autor: Ana Prieto

A agruapción de Protección Civil de Redondela conta actualmente con 60 voluntarios, pero obxectivo do grupo é "seguir medrando". Saturnino Ferreira Couñago, o seu presidente, anima aos mozos e mozas a partir dos 16 anos a coñecer o traballo que realizan e sumarse.


O colectivo leva 23 anos funcionando en Redondela, realizando diferentes labores de prevención e salvamento. Pronto celebraran o cuarto de século, en 2019, e para esa data gustaríalles contar con máis voluntarios. Ferreira explica que calquera persoa maior de 18 anos, ou de 16 con autorización paterna, pode formar parte do colectivo. Anímaos a coñecer de primeira man o seu traballo, e todas as actividades que realizan. A formación básica necesaria para ser voluntario de Protección Civil impártea a Academia Galega de Seguridade Pública, e resulta gratuíta para os voluntarios. Unha vez superada a fase de formación, os voluntarios poden colaborar en actividades como as tarefas o servizo de salvamento nas praias, ou formar parte do operativo de seguridade en eventos nos que hai gran afluencia de público, como probas deportivas, festas ou concertos. A agrupación de Redondela foi a encargada de organizar recentemente unha xornada aberta ao público na praia de Cesantes, onte realizaron espectaculares simulacros en colaboración con Salvamento Marítimo e servizos de emerxencias do 061.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: