www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 7 de Abril de 2020

X edición do Festival Internacional de Artistas de Rúa
Cultura • 20/07/2009
Autor: M. X. Queimaliños

A Alameda acollerá na noite de venres e sábado actuacións abertas a grandes e cativos con artistas de Colombia, Inglaterra, Italia e Bulgaria entre outros. A representación galega correrá a cargo do Teatro Viravolta


Músicos, actores, paiasos e showmans presentará esta fin de semana os seus espectáculos na Alameda de Redodnela, A partir das nove da noite do venres e o sábado este espacio converterase nun gran escenario onde poderemos ver performans, concertos, espectáculos de circo e obras de teatro a cargo de artistas chegados de oito países.


Trátase de programación do X Festival Internacional de Artistas de Rúa que inclúe o circo italiano de Arturello di popolo, a música romañola de Barroke trío ou o espectáculo circense do Capitán Marabilla.


As actuación comezarán ás 21:00 horas do venres. Actuacións ao aire libre que se desenvolverán sempre e cando o tempo o permita

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: