www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 20 de Setembro de 2018

Portos mellora os peiraos de Cesantes e Arcade
Institucional • 8/08/2017
Autor: Ana Prieto

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, realizará obras de mellora nos peiraos de Cesantes e Arcade. No caso do peirao redondelán, realizarase unha reparación do pavimento do porto así como o adecentamento da balaustrada e a reforma dunha illeta. En canto a Arcade, Portos reparará a barreira de saída do control de accesos. Ambas actuacións contan cun orzamento global de máis de 12.000 euros.


Melloras no acceso á Igrexa de Arcade


O Concello de Soutomaior vén de concluír os traballos de mellora e humanización da contorna da igrexa de Arcade. Os traballos consistiron na instalación dunha nova beirarrúa que rodea a casa parroquial, nova sinalización horizontal, o remarcado do paso de peóns e a instalación de dous bolardos para evitar que os coches aparcados bloqueen o tráfico e o acceso ás vivendas. Segundo o alcalde, Agustín Reguera, esta mellora ten un dobre obxectivo, por unha banda mellorar a seguridade viaria dos veciños, e por outra reconducir o fluxo de augas pluviais fóra dunha zona na que adoitaba estancarse e producir problemas de inundacións.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: