www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 24 de Maio de 2018

A Deputación destina a Redondela preto de 175.000 euros do Plan Concellos
Institucional • 7/08/2017
Autor: Ana Prieto

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a concesión de axudas deste plan da liña de investimentos do "Plan Concellos 2017", dos que se benficia Redondela, xunto con Cangas e Marín. No municipio redondela a achega servirá para as obras de ampliación e contención de terras na liña ferroviaria 810 de Adif, a que une Monforte ata a bifurcación de Chapela.


Os traballos realizaranse Chapela, Os Valos e Redondela. Ata o momento, Redondela ten aprobado xa o 74,56% do orzamento que a Deputación de Pontevedra lle destina no marco do "Plan Concellos 2017", isto é, unha achega valorada en 865.007,68 € dos máis de 1.100.000 euros que lle corresponden neste exercicio. A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, lembra que este ano o Plan Concellos ten unha dotación de 41,2 millóns de euros, unha partida "un 3% maior que a aprobada o ano pasado" e que, entre as súas tres liñas estratéxicas, leva aprobados xa 32,6 millóns de euros dende xaneiro, máis do 79,3% do seu orzamento total.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: