www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 19 de Setembro de 2018

O Choco perde a Silva, que ficha polo Coruxo, e reforza o ataque con Óscar Castellano "Chiqui"
Deporte • 7/08/2017
Autor: Ana Prieto

O xogador deixa a disciplina do Choco, de Terceira, e ficha polo equipo vigués, de Segunda B, que necesitaba un dianteiro centro. O cadro de Marcos Montes refórzase coa chegada do prometedor extremo Óscar Castellano "Chiqui", de 19 anos, que se estreou no amigable que o Choco gañou ante o Atlético Pinto en Santa Mariña.


O Choco recibiu o sábado en Santa Mariña ao Pinto nun amigable de pretemporada que se resolveu en favor dos de Marcos Montes por un resultado de 2-1. Os autores dos goles foron Javi González e Félix Rial. O encontro serviu para a estrea oficial de "Chiqui", que o próximo mes de outubro cumpre 20 anos. A incorporación do xogador non estaba prevista, pero chegou grazas ao seu traballo durante a pretempada. O mozo estivo a proba durante as últimas semanas e convenceu a Marcos Montes nos distintos adestramentos e nos partidos de preparación. Desta forma, o técnico confirmou que pasará a formar parte do primeiro equipo. Engadirá alternativas ó ataque. Trátase dun futbolista rápido, que se desenvolve polo extremo ou a mediapunta e destaca pola capacidade de desequilibrio. Comezou no fútbol no Mallorca e despois pasou ao Santa Mariña de Cabral. Destacou nas categorías inferiores do club vigués e estivo a piques de asinar polo Celta. Agora, tras unha gran pretempada, vestirá a camisola do Choco.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: