www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 21 de Xullo de 2018

Miguel Ángel Álvarez: "A auga en Arealonga é tan boa como a da praia de Carracido en Cíes"
Política • 31/07/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Con esta comparación o concelleiro de Medio Ambiente quere deixar claro que a día de hoxe o baño neste areal de Chapela está exento de calquera risco para os bañistas. Unha afirmación que o edil fai botando man das últimas análises realizadas o pasado 11 de xullo e que determinan que a presenza das bacterias Escherichia coli e Enterococo son practicamente inexistentes.


Alvarez Ballesteros explica que a cualificación que outorga a Axencia Europea de Medio Ambiente responde ás análises dos últimos catro anos nos que recoñece "producíronse verteduras puntuais que deixaron resultados moi negativos chegando incluso nalgunha ocasión a ter que izar a bandeira vermella e pechar o areal".


Unha situación que a día de hoxe está resolta ao 90% "nunca podemos desbotar que se produza un accidente, pero as actuacións realizadas ao longo do último ano, eliminando puntos de vertido e intensificando as obras de saneamento na zona, eliminaron practicamente o problema".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: