www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

Roteiro por Cesantes para coñecer o valor das algas e obradoiros de arqueoloxía para nenos
Sociedade • 31/07/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellería de Medio Ambiente organiza un paseo polo litoral para dar a coñecer e informar sobre as algas e a súa importancia nos ecosistemas mariños. A saída terá lugar o sábado 5 de agosto ás 10:00 horas dende a Praia da Punta de Cesantes e será guiada por Marcelo Rodríguez de Faia Educación Ambiental. Unha actividades que se suma aos obradoiros de arqueoloxía para rapaces de 6 a 12 anos que se desenvolverán o día 8 en Arealonga e o 10 en Cesantes. Inscrición de balde no 986 400300 ou no enderezo medioambiente@redondela.gal.


A primeira das actividades será este mesmo sábado con saída ás dez da mañá dende a Praia de Cesantes. Os participantes coñecerán a importancia das algas como fertilizante ou como engadido alimentario, pero sobre todo, como un elemento imprescindible para a vida dos ecosistemas mariños. A saída estará dirixida por Marcelo Rodríguez de Faia Educación Ambiental.


Obradoiros de arqueoloxía


Xa na vindeira semana a cita será para rapaces e rapazas de entre 6 e 12 anos de idade. Un obradoiro didáctico de arqueoloxía nos que dun xeito lúdico os participantes achegaranse ao proceso científico de escavación arqueolóxica cun tema vencellado ao Concello como é a batalla de Rande. Os obradoiros realizaranse a partir das 11:00 horas da mañá o día 8 de agosto en Arealonga e o 10 en Cesantes e será necesaria a inscrición previa no teléfono 986 400 300 Departamento de Medioambiente, de luns a venres, en horario de 9,00 a 14,00 horas ou no enderezo electrónico: medioambiente@ redondela.gal


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: