www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 25 de Xuño de 2018

Reformas Cobi, campión do Mundialito da Xunqueira por terceiro ano consecutivo
Deporte • 31/07/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O equipo fíxose co título logo de vencer na final disputada este domingo ao equipo Casa de Miii, nun encontro que rematou co resultado de 4-2. Malia que o partido estaba previsto para o sábado, a final tivo que ser suspendida por culpa da chuvia e non foi ata onte cando se coñeceu ao gañador desta XLIII edición.



Despois dun mes de intensos partidos nos que vintecatro equipos buscaban praza na final deste clásico torneo, este domingo 30 de Xullo chegou ao seu fin coa vitoria para reformas Cobi que logrou imporse a Casa de Mii por 4-2. O resultado estivo moi axustado ata os últimos dez minutos do encontro cando a calidade de Jonathan decantou o partido do lado de Reformas Cobi. Esta actuación corroborou a Jonathan como Mellor Xogador do torneo.


Na xornada do sábado disputouse a final de consolación entre os equipos “Aquelarre” e “O equipo do Ferreiro” caendo a vitoria do lado deste últimos tras un emocionante encontro.


Recibiu o galardón a deportividade o equipo A Garina e foi recoñecido como mellor porteiro Xan, de Casa de Mii.


Dende o Redondela F.S, organizador do evento, agradecen o compromiso dos equipos, das empresas colaboradoras, da Deputación de Pontevedra e do Concello de Redondela, en especial ao Concelleiro de Deportes Julio Mougán, para que este emblemático torneo poida seguir perdurando no tempo.



 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: